Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión extraordinaria do día 21 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA-33, Meicende-Arteixo, promovido por José María Caamaño Louro e redactado polo arquitecto José Ramón Quiroga Calviño, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 20/2000. PED).

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 28 de xullo de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde