Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2000 pola que se corrixen erros na do pasado 14, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-19-00-01 e cinco máis).

Advertido erro no texto da devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 28 de agosto de 2000,

DISPOÑO:

Primeiro.-Face-las oportunas rectificacións:

-Na páxina 12.346, columna dereita, alínea C) Pantaláns no porto da Pobra do Caramiñal, no punto 7, onde di: «a) Clasificación: grupo F, subgrupo 6, categoría d», debe dicir: «a) Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría d».

-Na páxina 12.347, columna dereita, alínea D) Pantaláns no porto de Rianxo, no punto 7, onde di: «a) Clasificación: grupo F, subgrupo 6, categoría d», debe dicir: «a) Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría d».

Segundo.-Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data de presentación: o prazo de presentación de proposicións para estas dúas obras: pantaláns no porto da Pobra do Caramiñal e pantaláns no porto de Rianxo, rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás doce horas do décimo día natural seguinte ó remate do prazo de presentación. En caso de que os ditos días coincidan en sábado

ou festivo o prazo de admisión e apertura das proposicións será o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia