De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles con carácter de urxencia ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.
Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de
Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.
Os correspondentes expedientes están no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.
Nº expedientes: 307/1996, 308/1996, 1066/1999.
Interesados: Elena Monteagudo Picallo.
Enderezo: descoñecido.
Asunto: resolución administrativa.
Vigo, 25 de agosto de 2000.
P.D. (Decreto 488/1997, do 26 de decembro)
Obdulia Morales Lorenzo
Secretaria provincial de Pontevedra