Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de agosto de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, de alleamento de ben inmoble mediante poxa.

Ás 10 horas do día 5 de outubro de 2000 celebrarase no salón de actos nº 2, situado no soto da

Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, bloque 2, Santiago de Compostela), perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un funcionario da Secretaría Xeral e do Patrimonio que actuará como secretario, a primeira poxa do seguinte ben inmoble:

Descrición/concello: soar situado no número sete da avenida da Florida, termo municipal de Vigo (Pontevedra), dunha superficie de 157,05 metros cadrados. Linda: polo fronte, coa avenida da Florida; pola dereita, co predio de Vigo Miñor, S.A.; pola esquerda, comunidade de propietarios nº 1 da avenida da Florida; polo fondo, coa avenida do Fragoso.

Cargas: non constan.

Datos rexistrais: Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo, libro 605, folio 159, predio nº 46.236, inscrición primeira.

Tipo de licitación: 60.803.250 ptas.

Declaración de alienabilidade: orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 132, do 12 de xullo).

Acordo de alleamento: acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de setembro de 1999.

Tramo de poxa: 100.000 ptas.

Natureza do ben: ben de dominio privado da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está ó dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio ou nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Para máis información diríxanse á Subdirección Xeral do Patrimonio, tfno.: 981 54 58 63, 981 54 41 51, edificio administrativo San Caetano, bloque 3.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2000.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda