Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (170/1999).

Eu, Ana María Brañas Casas, xuíza de primeira instancia número un de Arzúa,

Fago saber que no dito xulgado e co nº 170/1999 se tramita procedemento de menor contía por instancia de Abelardo Pazo Folgueira, Áurea Pazo Folgueira contra Ángel Pazo García, María Soledad Pazos García, María Consolación García Castro, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día vintedous de novembro de dous mil ás 10 horas coas prevencións seguintes:

O prego de condicións da poxa e o título de propiedade dos bens, están de manifesto en secretaría para instrucción dos que teñan interese.

Bens que se sacan a poxa.

1. Casa principal sita no lugar de Gramela, dividida en cociña, cuartos e cortes, cunha dependencia anexa chamada Casa do Forno, e que todo ocupa uns trescentos metros cadrados, aproximadamente, edificada en cachotería, cuberta con tella do país e todo en estado ruinoso.

2. Un anaco dedicado a horta chamado Horta de Abaixo, ó sur da casa anterior, que mide aproximadamente un ferrado, linda: norte, sur, oeste Avelino Pazo, e leste: herdeiros de Generosa Pazo.

3. Predio chamado Horta de Arriba, de cinco ferrados de superficie que linda, norte herdeiros de Manuel Corral e camiño público, e no resto, con mais da herdanza de Avelino Pazo.

Dado en Arzúa o vinteseis de xuño de dous mil.

A xuíza

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado