Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.642

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

A base oitava da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías correspondentes, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se lles ofrecen ós aspirantes seleccionados e se citan estes para o acto de elección de destino.

Recibidas neste centro directivo, dos respectivos tribunais, as propostas de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, procede agora publicar no Diario Oficial de Galicia a oportuna resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan en cada unha das categorías e se citan os aspirantes seleccionados para a elección de destino.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de prazas vacantes que se lles ofertarán ós aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego

de Saúde do 28 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) que, para cada unha das categorías correspondentes, se inclúe no anexo da presente resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e nas contías vixentes no Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Convócanse tódolos aspirantes seleccionados nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia en favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accederan polo sistema de promoción interna.

Para os efectos de elección de destinos, os aspirantes que, de se-lo caso, superaron o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos, intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

Terceiro.-O acto de elección de destinos celebrarase na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela o día 8 de setembro de 2000, ás horas que a seguir se indican para cada unha das categorías:

Grupo técnico da función administrativa: 11 horas.

Grupo de xestión da función administrativa: 12 horas.

Cuarto.-O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto, terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino definitivo ante a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde ou as direccións de xestión dos seus centros de xestión primaria e especializada, mediante comparecencia expresa do poderdante e do apoderado.

d) Para os efectos de garanti-lo cumprimento do disposto na base segunda, apartado 1 g) da convocatoria, os aspirantes seleccionados declararán expresamente no mesmo acto de elección non ter nomeamento en propiedade como persoal estatutario das institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde na mesma categoría á que se opta.

e) Para os efectos de acredita-la documentación prevista no punto 5 da citada base oitava da convocatoria, é dicir, o certificado médico en modelo oficial de non padecer limitacións físicas ou psíquicas para o desenvolvemento do posto de traballo, e a declaración xurada ou promesa de non ser incompatible consonte a lexislación vixente e de non estar inhabilitado por expediente disciplinario ou sentencia firme para o exercicio de funcións públicas, os aspirantes seleccionados comprometeranse expresamente no mesmo acto de elección para achegala no momento da toma de posesión da praza elixida na dirección de persoal do centro de xestión correspondente.

f) Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos puntos anteriores.

Quinto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

Centro

CategoríaC.H. Juan

Canalejo

(A Coruña)

C.H.

A. Marcide-

Novoa Santos

(Ferrol)

C.H.U.S.

(Santiago)

C.H.

Xeral-Calde

(Lugo)

H.C. MonforteC.H. de

Ourense

C.H. Xeral

Cíes (Vigo)

H. Meixoeiro

(Vigo)

X.A.P.

A Coruña-

Ferrol

(Ferrol)

X.A.P.

Santiago

X.A.P.

Ourense

Total

Grupo técnico función administrativa (rama xurídica)11212119

Grupo técnico función administrativa (rama económica)211116

Grupo xestión da f. administrativa311312113117