Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de agosto de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso ordinario V-99/0396 relativo ó expediente sancionador VP-C-039/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o interesado cos datos e último domicilio coñecidos no polígono de Elviña, II fase, bloque 7-1º C, A Coruña, resolución do recurso ordinario número V-1999/0396, interposto por María Dolores Villar Andújar, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 28 de xullo de 1998, pola que, no expediente VP-C-039/1997, acordou impoñerlle a María Dolores Villar Andújar a sanción de multa de 500.000 pesetas, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente; da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso ordinario número V-1999/0396 interposto por María Dolores Villar Andújar contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 28 de xullo de 1998, pola que, no expediente VP-C-039/1997, acordou impoñerlle a María Dolores Villar Andújar a sanción de multa de 500.000 pesetas, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial sita no polígono de Elviña, II fase, bloque 3, portal 7 piso 1º letra C, na Coruña; resolución que se confirma.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta de Tesouro da Facenda Galega-conta restrinxida do IGVS-recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non cumprirse a presente resolución en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións e materia de vivenda.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo na Coruña, de conformidade co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda