Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, contratación das obras de edificio anexo á casa do concello para arquivo histórico, polícia local, xulgado de paz, sala de exposicións e biblioteca, nave para cocheiras de protección civil e pequeno almacén. Separata nº 1: obras consistentes en construcción

de cocheiras para protección civil, polícia local e demais parque móbil municipal, así como pequeno almacén provisional.

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 326 da Lei de administración local de Galicia faise público que comeza o antedito proceso de licitación.

1. Obxecto do contrato: a execución das ditas obras segundo a separata nº 1 do proxecto aprobado pola corporación que está a disposición, xunto co prego de cláusulas administrativas, dos interesados.

2. Procedemento e forma de adxudicación; tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación.

O tipo de licitación fíxase na contía de 16.223.062 ptas. (97.500,566 euros), tódolos impostos e demais gastos incluídos.

O financiamento das obras será con cargo á subvención finalista concedida pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo se establece na resolución que concede a dita subvención.

O prego de cláusulas administrativas e a separata nº 1 do proxecto aprobado pola corporación estará á disposición dos interesados nas oficinas municipais.

O prazo para presentar propostas virá determinado pola publicación do anuncio de licitación, en modelo normativo, no BOP (Lugo).

Para máis información chamar o teléfono: 982 55 77 77 en horario de oficinas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 2 de agosto de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde