Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 27 de xullo de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o axuste de aliñacións no cuarteirón 28A-1 do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«Visto o proxecto de estudio de detalle para o axuste de aliñacións no cuarteirón 28A-1 do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro. Considerando o informe emitido polo arquitecto municipal, onde di que o citado estudio de detalle se axusta ás determinacións previstas no artigo 30 da vixente Lei do solo de Galicia e 65 do Regulamento de planeamento e o seu contido se axusta ó esixido no

artigo 66 do citado regulamento, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 27 de abril de 2000, en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos. Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle para o axuste de aliñacións no cuarteirón 28A-1 do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro. Segundo.-Someter a información pública o expediente por termo dun mes. Non obstante, o Pleno resolverá».

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 8 de agosto de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde