Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 25 de agosto de 2000, acordou a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta Corporación, das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación referida, podendo ser obxecto de exame e reclamacións nese concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, para o contrato das características que se indican seguidamente:

1. Proxecto: rexeneración de pavimentación e mellora de servicios da rúa do Cabaliño, en Burela.

2. Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas.

3. Partida: 501.601.01.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (rúa Pardo Bazán nº 6, en Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 120.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos popios, MAP e deputación provincial.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 28 de agosto de 2000.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

José Castro Couso

Secretario accidental

ANEXO

Modelo de proposición.

D./Dª..... con domicilio na rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... con DNI ou CIF nº..... e con domicilio en..... nº teléfono.....) toma parte no concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta da Administración para a adxudicación da execución das obras de rexeneración de pavimentación e mellora de servicios da rúa do Cabaliño, en Burela, e para tales efectos fai constar.

1. Que ofrece o prezo de..... ptas., que significa unha baixa de..... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigacións se derivan nos pregos de condicións do presente contrato.

4. Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración, que se sinalan..... que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que determinará pola Administración por un importe total de..... (en letra e número ptas.) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

5. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de..... presentada por:

En..... ..... de..... do 2000.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)