Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Bueu. Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto: consultoría e asistencia técnica para a redacción íntegra do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Bueu. Prazo de execución: segundo os prazos establecidos nos pregos en atención á subvención que cofinancia o contrato. Total non superior a 14 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 18.483.040 ptas.

5. Garantías. Provisoria: non esixible. Definitiva: 4% do prezo de remate.

6. Obtención de información e documentación. Concello de Bueu, Eduardo Vicenti 10, CP 36930 Bueu. Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99, en horario de oficina. Obtención de documentos e información ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións particulares. Non se require clasificación.

8. Presentación de proposicións durante os 15 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), horario de oficina (de 8 a 14 horas de luns a venres e de 9.30 a 13 horas do sábado)

no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego.

9. As proposicións constarán de tres sobres pechados A, B, e C, denominados de Documentación xeral, Proposición económica e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións.

10. Admisión de variantes: exclusivamente as sinaladas no prego de condicións.

11. Apertura das ofertas ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considérase inhábil).

12. Gastos de anuncios a cargo do adxudicatario.

Bueu, 25 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado