Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Brión.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto técnico de enlace da canalización de saneamento desde a rede municipal ata a depuradora de Ortoño. 1ª fase, incluídas no Plan provincial 2000 de protección do medio ambiente.

3. Orzamento base de licitación: 24.999.995 ptas., IVE incluído.

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Forma de adxudicación: poxa.

8. Garantía provisional: o 2% do prezo tipo de licitación.

9. Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

10. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

11. Revisión de prezos: atendendo á natureza da obra non procede.

12. Lugar de presentación de ofertas: Rexistro Xeral de Entrada das oficinas municipais.

13. Presentación de proposicións: o prazo será de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

A documentación que hai que presentar é a que se indica no prego de condicións administrativas.

14. Apertura de plicas: terá lugar o primeiro día hábil seguinte a áquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello, ás 12 horas.

Os restantes aspectos do prego de condicións, así como a totalidade do expediente poderán ser examinados nas oficinas municipais en días hábiles, en horas de oficina, ata que remate o prazo de presentación de proposicións.

Brión, 1 de agosto de 2000.

José Luis García García

Alcalde