Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia para o deseño da arquitectura do Datawarehouse do Servicio Galego de Saúde e para a realización dos sistemas de análise de cadernos de mando, consultas externas, cirurxía e xestión económica (S-407/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección

Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría da asistencia e descrición: categoría, nº de referencia CCP.

Realización dunha consultoría e asistencia para o deseño da arquitectura do Datawarehouse do Servicio Galego de Saúde e para realización dos sistemas de análise de cadernos de mando, consultas externas, cirurxía e xestión económica

-Orzamento total: 60.000.000 de ptas., IVE incluído, equivalentes a 360.607,26 euros.

3.a) Lugar de execución: ver punto 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Requisitos específicos do contratista.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do 2001.

8.a) Nome e dirección do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 25 de setembro de 2000.

9.a) Data límite de recepción das ofertas: 2 de outubro de 2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo San Caetano (ático ala norte), ás 10 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 11 de agosto de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

P.O. (Resolución 20-7-2000)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais