Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 28 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 21 de febreiro de 2000 dictada no expediente sancionador AC-040/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-040/1999, incoado á titular do establecemento de restaurante denominado Ranchito, situado no lugar de Aguieiros, Ribeira (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesados poida interpoñer calquera outro que coide oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-040/1999.

Sancionada: María Nieves Romay Valiño.

Establecemento: restaurante Ranchito.

Domicilio: lugar de Aguieiros.

Localidade: Ribeira (A Coruña).

Resolución: 21 de febreiro de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997.

Sanción: cento cincuenta mil (150.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo