Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Acevedo do Río-Alcázar de Milmanda (Celanova-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Acevedo do Río-Alcázar de Milmanda (Celanova-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 165/1994, do 2 de xuño (DOG 115, do 16 de xuño), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 24 de xullo de 2000, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Acevedo do Río-Alcázar de Milmanda (Celanova-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Celanova e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (r/ Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou

por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).

Ourense, 24 de xullo de 2000.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense

Visto e prace

P.A.

Mª Rosa Rodríguez Cougil

Secretaria provincial de Ourense