Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Rubias, no concello de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, por parte de Rocas de Porriño, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Rocas de Porriño, S.L., con domicilio en r/ Colón, 7, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de decembro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Rubias, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2838 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo á a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

17º 58' 00''42º 41' 00''.

27º 57' 20''42º 41' 00''.

37º 57' 20''42º 40' 20''.

47º 58' 00''42º 40' 20''.

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 3 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra