Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Monte, no concello de Agolada, da provincia de Pontevedra, por parte de Rocas de Porriño, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Rocas de Porriño, S.L., con domicilio en r/ Colón, 7, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de decembro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Monte, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa no termo municipal de Agolada, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2839 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo á a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

17º 57' 00''42º 45' 00''.

27º 56' 40''42º 45' 00''.

37º 56' 40''42º 44' 40''.

47º 56' 20''42º 44' 40''.

57º 56' 20''42º 44' 20''.

67º 57' 00''42º 44' 20''.

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 3 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra