Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.541

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000 pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo do persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma.

Segundo establece o artigo 27 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo na Administración.

Ó existiren actualmente postos de traballo vacantes de persoal sanitario funcionario para seren desenvolvidos por persoal pertencente á escala de saúde pública e administración sanitaria, das relacións de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referentes ó persoal de corpos e escalas baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, e sendo a súa provisión necesaria para o bo funcionamento dos servicios.

Este centro directivo, en uso das competencias que ten delegadas polo Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, e a orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, en relación co punto 8 a) do artigo 15 da Lei 4/1988, logo de negociación coa representación do persoal na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario, acorda convoca-lo presente concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I da presente resolución, de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Requisitos de participación.

1.1. Só podera participar no presente concurso o persoal funcionario baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, que na data da convocatoria reúna os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I da presente convocatoria, sempre que leve dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso e pertenza á escala de saúde pública e Administración sanitaria, nas súas respectivas clases, agás as seguintes:

Grupo A: farmacéuticos titulares, inspectores médicos, inspectores farmacéuticos.

Grupo B: subinspectores sanitarios.

1.2. Estan obrigados a participar no presente concurso os funcionarios da escala de saúde pública e Administración sanitaria, coas excepcións expostas anteriormente, que se atopen nas seguintes situacións administrativas:

a) Servicio activo con destino provisional nun posto de traballo, e reúnan os requisitos esixibles na pre

sente convocatoria, que deberán solicitar tódolos postos de traballo ós que poidan acceder. No suposto de incumprimento do anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

b) Excedentes forzosos.

Os concursantes forzosos teñen a obriga de solicitar, por orde de preferencia, tódolos postos de traballo que se inclúen no presente concurso.

Aqueles concursantes forzosos que incumpran total ou parcialmente esta obriga serán declarados de oficio na situación de excedencia voluntaria.

1.3. Os concursantes deberán indicar, por orde de prelación, as vacantes polas que opten que se inclúen como anexo I desta resolución.

1.4. Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderan solicita-los postos de traballo que puidesen resultar vacantes a consecuencia da resolución do presente concurso, especificando a súa preferencia de acordo cos seguintes datos:

-Localidade (só poderá solicitarse para unha única localidade).

-Nivel do posto de traballo ó que opte (especificando o nivel mínimo que se solicita).

Estes postos de traballo unicamente poderán ser adxudicados no caso de que o titular que os desenvolva con carácter definitivo obteña outro no concurso de traslados. Consecuentemente, se o citado titular non participa nel ou, participando, non obtén destino, entenderase que o dito posto non foi convocado.

Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición de parte interesada.

Segunda.-Solicitudes.

2.1. Os concursantes axustaranse ó modelo de instancia que se publica no anexo II da presente resolución. As instancias irán dirixidas á División de Recursos Humanos do Sergas, edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, e poderanse presentar nos rexistros dos servicios centrais ou periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, ou nos lugares e do xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. No prazo de presentación de instancias, os concursantes poderán retirar ou modifica-las súas solicitudes mediante nova instancia que anulará totalmente as precedentes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirán nin a modificación de solicitudes nin a retirada do concurso, tendo en consecuencia a dita solicitude carácter vinculante para o peti

cionario, e os destinos adxudicados serán irrenunciables, tanto no que se refire á base 1.3 como á 1.4, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

Terceira.-Documentación.

3.1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

3.2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se xuntará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III da presente resolución. Ó certificado deberanse xunta-las fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, e que deberán ser presentadas cotexadas fidedignamente, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a comisión de valoración non estivesen suficientemente acreditados.

Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino definitivo de cada funcionario:

-Servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou do Sergas: Subdirección Xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos da División de Recursos Humanos do Sergas.

-Servicios periféricos: secretarios, das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e das direccións provinciais do Sergas, de acordo coas unidades onde veñan prestando servicios os solicitantes.

No suposto de que se trate dalgún funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria que actualmente non preste servicios na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou no Sergas, tal certificación será expedida polo órgano responsable da xestión de persoal da consellería de que se trate.

Serán desestimadas, logo de audiencia ó interesado, as solicitudes que conteñan algunha emenda, riscadura ou raspadura, tanto na instancia como en calquera documentación, que non se encontren salvadas baixo sinatura.

Cuarta.-A valoración de méritos alegados polos concursantes para a adxudicación de postos de traballo será efectuada, conforme o baremo que figura como anexo IV da presente resolución, de forma que a prioridade para a adxudicación de postos de traballo estará determinada pola puntuación total obtida por aplicación do mencionado baremo.

En caso de empate na puntuación final, acudirase, para dirimilo, á maior puntuación obtida en cada epígrafe do baremo pola súa orde e, se este continúa, á maior idade.

Quinta.-Comisión de valoración.

A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada por unha comisión de valoración cunha composición e funcionamento que se axustará ó disposto no artigo 12 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo. Esta comisión terá a categoría de primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

As propostas que, de acordo co establecido, realice a citada comisión terán o carácter de vinculantes para o órgano encargado da resolución do concurso.

Sexta.-Resolución provisional do concurso.

Elevada proposta pola comisión de valoración, será publicada, pola División de Recursos Humanos do Sergas, no taboleiro de anuncios dos lugares previstos na base segunda, a resolución provisional do concurso e contra ela poderase formular reclamación perante o dito órgano no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da dita resolución provisional.

A estimación ou, se é o caso, desestimación das reclamacións que se presenten, entenderase implícita na resolución definitiva do concurso.

Sétima.-Resolución definitiva do concurso.

Examinadas e resoltas pola comisión de valoración as reclamacións, se é o caso, presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso ó organo convocante, que procederá á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e na que figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Oitava.-Rematada definitivamente a fase xeral, os participantes que así o indicaran na instancia participarán directamente na fase de resultas respectando a súa orde final, sen necesidade de achegar documentación complementaria ningunha, polo que bastará con especifica-la localidade e/ou nivel ó que desexan acceder.

No suposto de ser adxudicado destino nesta fase, a autoridade convocante incluirao na resolución definitiva anterior.

Novena.-Adxudicación de destinos.

O destino adxudicado en ámbalas dúas fases do concurso será irrenunciable, agás que, con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión, se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito, nos tres días seguintes, a opción realizada á División de Recursos Humanos do Sergas e, se é o caso, á consellería en que obtivese destino.

Décima.-Toma de posesión.

Os prazos de cesamento no actual destino e toma de posesión no destino adxudicado serán anunciados

mediante a resolución, á que se fai referencia na base sétima da presente resolución.

O funcionario ó que nalgunha das fases do concurso reguladas na presente resolución se lle adxudicase destino definitivo e non tome posesión deste dentro do prazo que para o efecto se estableza perderá os seus dereitos pasando á situación administrativa que lle corresponda no seu corpo, escala e clase correspondente, exceptuándose aqueles que, no acto de toma de posesión, soliciten e lles corresponda o paso a outra situación administrativa.

Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a ningunha indemnización.

Décimo primeira.-No non previsto nas presentes bases, aplicarase o disposto con carácter xeral no

Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Décimo segunda.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se poderá impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO IV

Valoración de méritos

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

I. Grao persoal consolidado:

Polo nivel 16 de grao consolidado: 1,90 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda de 16: 0,15 puntos.

Non poderá supera-lo máximo de: 4 puntos.

Nos supostos nos que os funcionarios non teñan consolidado grao persoal ningún ou este sexa inferior a 16, computarase, para os efectos de puntuación no presente epígrafe, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo de cada corpo ou da escala á que pertenza o funcionario

II. Valoración do traballo desenvolvido:

A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Só se computarán os traballos desenvolvidos como funcionario de carreira da escala de saúde pública e Administración sanitaria na clase a que pertenza, en postos de traballo catalogados como de saúde pública ou de Administración sanitaria.

En todo caso, queda excluído da valoración calquera outro tipo de posto de traballo desenvolvido, incluídos os sanitarios que teñan como contido esencial o clínico-asistencial.

b) Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos, como segue:

-Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 1 punto.

-Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado ata dous niveis: 0,50 puntos.

-Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,25 puntos.

Para os efectos anteriores os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 5 puntos.

III. Cursos de formación e perfeccionamento:

Ata un máximo de 5 puntos, por cursos de formación e perfeccionamento impartidos por centros oficiais dependentes das administracións públicas, coa seguinte valoración:

a) Diplomado en sanidade ou cursos realizados cunha duración acreditada entre 150 e 400 horas lectivas, de saúde pública ou de administración e xestión sanitaria: 1 punto.

b) Oficial sanitario ou ben cursos superiores realizados cunha duración acreditada superior ás 400 horas lectivas, de saúde pública ou administración e xestión sanitaria: 2 puntos.

En todo caso, quedan excluídos do cómputo os cursos que non estean suficientemente acreditados, así como os recibidos con posterioridade á data do remate do prazo de presentación de solicitudes.

IV. Grao de coñecemento do idioma galego:

Iniciación ó galego: 1 punto.

Perfeccionamento do galego: 2 puntos.

Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega; os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos.

No caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

V. Antigüidade:

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios como funcionario de carreira: 0,30 puntos.

Para estes efectos, computaranse os recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 6 puntos.

VI. Grupo de pertenza.

Polo grupo ó que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

-Por pertencer ó grupo A: 3 puntos.

-Por pertencer ó grupo B: 2 puntos.