Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.539

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ós acordos acadados pola comisión mixta paritaria do convenio galego para o sector de aparcadoiros e garaxes.

En cumprimento do artigo 2 f) do Real decreto 1040/1981, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, fanse públicos os acordos acadados pola comisión mixta paritaria do convenio galego para o sector de aparcadoiros e garaxes, para lle dar solución á intepretación e aplicación de determinadas cláusulas do convenio galego para o sector de aparcadoiros e garaxes, respecto á:

-Interpretación, por falta de regulación específica no convenio, dunha cláusula relativa á roupa de traballo ou uniformes.

-Aplicación do complemento de transporte nas táboas salariais correspondentes.

-Encadramento da actividade de lavacoches coa finalidade de asimilar este traballo a algunha das categorías profesionais recollidas no convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo acadado.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Acordos

Primeiro.-En materia de uniformes, de conformidade co establecido no artigo 6 do convenio aplicable, as empresas que ata a data lles otorgan uniformes (roupa de traballo e calzado) anualmente ós

seus traballadores, deberán mantelo durante a vixencia deste convenio.

Segundo.-Detectado erro nas táboas salariais en relación coa retribución do complemento de transporte, en concreto nos anexos II e IV do ano 2000, procédese á súa rectificación tal e como consta nas táboas que se xunta a esta acta.

Tercero.-No referente ó encadramento daqueles traballadores que realicen as funcións de lavacoches de xeito unipersoal, asimilaranse á categoría de axentes de aparcadoiros. Naqueloutras explotacións onde exista máis dun trabllador que desenvolva a función de lavacoches, asimilaranse á categoría de auxililares de aparcadoiro.

ANEXO II

TÁBOAS SALARIAIS PARA O ANO 2000 (PESETAS) PARA AS CIDADES DA CORUÑA, VIGO E SANTIAGO DE COMPOSTELA

GRUPO PROFESIONAL CATEGORÍASALARIO BASE

MENSUAL

COMPL. CONVENIO

MENSUAL

SUMA (SALARIO

BASE+COMPL. CONVENIO)

COMPL. TRANSPORTE

MENSUAL

TOTAL ANUALVALOR HORAS

EXTRAORDINARIAS

SUPERIOR E TÉCNICOS

TÉCNICO SUPERIOR E LICENCIADO95.61215.273110.8858.4051.755.7301.125,50

TÉCNICO MEDIO91.57414.606106.1808.4051.685.1551.081

DIPLOMADO91.57414.606106.1808.4051.685.1551.081

ADMINISTRATIVO E INFORMÁTICO

XEFE DE SERVICIO87.47713.971101.4488.4051.614.1751.030

XEFE DE SECCIÓN85.11613.59298.7088.4051.573.0751.004,50

OFICIAL 1ª ADMINISTRATIVO80.97512.93693.9118.4051.501.120953

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO78.11512.47490.5898.4051.451.290922,50

AUXILIAR ADMINISTRATIVO76.25012.25988.5098.4051.420.090907

ASPIRANTE ADMINISTRATIVO71.83211.47083.3028.4051.341.985851

TELEFONISTA75.89112.11688.0078.4051.412.560897

ORDENANZA75.56312.07587.6388.4051.407.025892

ANALISTA PROCESO DE DATOS85.11613.59298.7088.4051.573.0751.004,50

PROGRAMADOR80.97512.93693.9118.4051.501.120953

OPERADOR76.25012.25988.5098.4051.420.090907

EXPLOTACIÓN

ENCARGADO85.11613.59280.7088.4051.573.0751.004,50

AXENTE APARCADOIRO80.31212.83393.1458.4051.489.630948

EXPENDEDOR DE BILLETES79.54012.71092.2508.4051.476.205943

AUXILIAR APARCADOIRO74.69211.93186.6238.4051.391.800881,50

LIMPADORA71.83211.47083.3028.4051.341.985851

OFICIAL MANTEMENTO80.31212.83393.1458.4051.489.630948

AXUDANTE MANTEMENTO74.69211.93186.6238.4051.391.800881,50

(1) APARCADOR XEFE DE QUENDA82.35213.15195.5038.4051.525.000974

(1) CATEGORÍA PARA EXTINGUIR

ANEXO IV

TÁBOAS SALARIAIS PARA O ANO 2000 (EUROS) PARA AS CIDADES DA CORUÑA, VIGO E SANTIAGO DE COMPOSTELA

GRUPO PROFESIONAL CATEGORÍASALARIO BASE

MENSUAL

COMPL. CONVENIO

MENSUAL

SUMA (SALARIO

BASE+COMPL. CONVENIO)

COMPL. TRANSPORTE

MENSUAL

TOTAL ANUALVALOR HORAS

EXTRAORDINARIAS

SUPERIOR E TÉCNICOS

TÉCNICO SUPERIOR E LICENCIADO574,6491,79666,4350,5210.552,156,78

TÉCNICO MEDIO550,3787,78638,1550,5210.127,996,50

DIPLOMADO550,3787,78638,1550,5210.127,996,50

ADMINISTRATIVO E INFORMÁTICO

XEFE DE SERVICIO525,7583,97609,7150,529.701,396,19

XEFE DE SECCIÓN511,5681,69593,2550,529.454,376,04

OFICIAL 1ª ADMINISTRATIVO486,6777,75564,4250,529.021,915,73

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO469,4874,97544,4550,528.722,435,55

AUXILIAR ADMINISTRATIVO458,2773,68531,9550,528.534,915,45

ASPIRANTE ADMINISTRATIVO431,7268,94500,6650,528.065,495,12

TELEFONISTA456,1172,82528,9350,528.489,665,39

ORDENANZA454,1472,57526,7150,528.456,395,36

ANALISTA PROCESO DE DATOS511,5681,69593,2550,529.454,376,04

PROGRAMADOR486,6777,75564,4250,529.021,915,73

OPERADOR458,2773,68531,9550,528.534,915,45

EXPLOTACIÓN

ENCARGADO511,5681,69593,2550,529.454,376,04

AXENTE APARCADOIRO482,6877,13559,8150,528.952,865,70

EXPENDEDOR DE BILLETES478,0576,39554,4350,528.872,175,67

AUXILIAR APARCADOIRO448,9171,71520,6150,528.364,895,30

LIMPADORA431,7268,94500,6650,528.065,495,11

OFICIAL MANTEMENTO482,6877,13559,8150,528.952,865,70

AXUDANTE MANTEMENTO448,9171,71520,6150,528.364,895,30

(1) APARCADOR XEFE DE TURNO494,9579,04573,9850,529.165,435,85

(1) CATEGORÍA PARA EXTINGUIR