Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xullo de 2000 pola que se autorizan definitivamente os centros privados Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras-Ribeira (A Coruña) e Nuestra Señora de Lourdes da Estrada (Pontevedra), para impartir educación secundaria obrigatoria.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros privados Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras-Ribeira e Nuestra Señora de Lourdes da Estrada, solicitando autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria,

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e Pontevedra, que se remiten cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes

privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve,

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-los centro privados Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras-Ribeira e Nuestra Señora de Lourdes da Estrada, para impartir educación secundaria obrigatoria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparte docencia nos ditos centros.

Terceiro.-Los centros de educación secundaria obrigatoria que pola presente orde se autorizan deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Localidade: Castiñeiras.

Enderezo: Rúa Fontenova, nº 4.

Código do centro: 15014349.

Denominación específica: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: Caridad del Sagrado Corazón de Jesús.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Estrada.

Enderezo:-Educación infantil e primaria: O Cruceiro, nº 32.-Educación secundaria: Santa Baia-Matalobos, 42.

Código do centro: 36002323.

Denominación específica: Nuestra Señora de Lourdes.

Titular: J. Enrique Otero Fernández.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.