Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 2000 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Foz (Lugo).

Creado polo Decreto 126/2000, do 19 de maio (DOG do 31 de maio) o Instituto de Educación Secundaria de Foz, mediante a transformación do Instituto de Educación Secundaria Vilaxoane e o Instituto de Educación Secundaria O Centiño de Foz

nun único centro, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-la posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Foz, segundo os datos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Foz.

Localidade: Foz.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Foz.

Código do centro: 27020562.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Educación secundaria para persoas adultas (nivel III).

Modalidades de bacharelato:

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Formación profesional específica:

Ciclo medio: comercio.

Ciclo medio: cociña.

Ciclo medio: servicios de restaurante e bar.

Ciclo superior: restauración.