Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 2000 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Fene (A Coruña).

Creado polo Decreto 127/2000, do 19 de maio (DOG do 31 de maio) o Instituto de Educación Secundaria de Fene, mediante a transformación do Instituto de Educación Secundaria Barallobre e o Instituto de Educación Secundaria O Pazo de Fene nun único centro, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-la posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Fene, segundo os datos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Fene.

Localidade: Fene.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Fene.

Código do centro: 15032081.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Modalidades de bacharelato:

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

Formación profesional específica:

Ciclo medio: xestión administrativa.

Ciclo medio: equipos electrónicos de consumo.

Ciclo medio: electromecánica de vehículos.

Ciclo medio: instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas.

Ciclo superior: administración e finanzas.