Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 1 das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salceda de Caselas, no relativo á modificación da ficha da ordenanza que regula as especificacións urbanísticas no SAU-04.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, na sesión celebrada o pasado día 28 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 das NSPM de Salceda de Caselas, relativa á modificación da ficha da ordenanza do SAU-04, segundo a documentación elaborada polo equipo redactor do planeamento.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se

ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Salceda de Caselas, 1 de agosto de 2000.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde