Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salceda de Caselas, no relativo ó anexo da ordenanza SU-02, de edificación illada.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, na sesión celebrada o pasado día 28 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:

1. Rexeita-la reclamación presentada polo grupo político municipal do BNG, co rexistro de entrada nº 55 de 22-1-2000.

2. Aproba-lo novo texto da ordenanza SU-02, redactada polo arquitecto redactor das NSPM, Arturo Conde Aldemira, as cales foron remitidas á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e informadas favorablemente por esta consellería.

3. Aprobar definitivamente a modificación puntual número 2 das NSPM anexo a ordenanza SU-02, de edificación illada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Salceda de Caselas, 1 de agosto de 2000.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde