Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle dos números 35 e 37 da rúa das Flores e predio anexo en Roxos-Villestro, promovido por Bernardo Falcón Acha, e a actuación polo sistema de compensación de propietario único.

O ámbito de actuación abrangue unha superficie de 8248,57 m e linda:

Norte: predio número 327 de concentración parcelería de José Capeáns Méndez.

Sur: agro de Francisco Acuña García e terreo de Manuela Rey Vilouta.

Leste: Nélida Blanco Santos, herdeiros de María Cardelle Santos e outros.

Oeste: terreos de Daniel Vilouta Ríos, Manuela Vilouta Lago e outros.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento das licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que de seguido se relacionan:

José Capeáns Méndez.

Francisco Acuña García.

Manuela Rey Vilouta.

Nélida Blanco Santos.

Hros. de María Cardelle Santos e outros.

Daniel Vilouta Ríos.

Manuela Vilouta Lago e outros.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde