Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobada polo órgano municipal competente o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas, que rexerán na contratación urxente mediante poxa das obras que se sinalan, exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Arranxo das pistas de Marzán-Cachada, Miranxe-Senín e Xestal-Subida Picón (orzamento de execución 13.797.374 ptas.).

b) Lugar de execución: O Rosal.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 13.797.374 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas.

Data límite, ós 13 días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 1 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado