Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle-06 de axuste de aliñacións no ámbito do camiño da Pedra.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, na sesión celebrada o pasado día 28 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle-06 axuste de aliñacións no ámbito do camiño da Pedra, redactado polo arquitecto Clemente Sequeiros Sestelo e informado favorablemente polo arquitecto Arturo Conde Aldemira, redactor das NSPM.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Salceda de Caselas, 1 de agosto de 2000.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde