Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000 pola que se publica a contratación da subministración de gasóleo C para a calefacción de centros escolares de EXB, casa do concello e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 2000-2001.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: suministración de gasóleo C para a calefacción de centros escolares de EXB, casa do concello e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 2000-2001.

B) Lugar de entrega: casa do concello.

C) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a entregar en cada un dos colexios, casa do concello e cemiterio de San Mauro, no prazo de 24 horas, o combustible que requiran os servicios técnicos municipais, nas cantidades máximas sinaladas na cláusula 2ª do prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento de licitación: 11.968.000 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

A) Provisional: 239.360 ptas.

B) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

A) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

D) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 19 de xullo de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde da Área de Xeración

e Xestión de Recursos