Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de alargamento, muros e pavimentación do camiño de Rial a Meán e afirmado do camiño de Mundín no Regueiriño. Lourizán.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas nos proxectos de referencia. Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 10.855.000 ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: provisional: 217.100 ptas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo, ás 9 horas na sala de xuntas.

Pontevedra, 18 de xullo de 2000.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental