Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas nos proxectos de pavimentación do camiño vello da Ponte do Couto (Virxe do Camiño), pavimentación do núcleo da Carballa (Salcedo) e reparación e acondicionamento de camiños en Cabanas (Salcedo).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas nos proxectos de referencia. B) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria. B) Procedemento: aberto. C) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 10.315.000 ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

A) Provisional: 206.300 ptas.

B) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

A) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 10 de xullo de 2000.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental