Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da obra de pavimentación e servicios da rúa de acceso ó mercado, incluída no POS2000.

Aprobado pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria do dezaseis de agosto de dous mil o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación da obra de pavimentación e servicios da rúa de acceso ó mercado, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal 2000, polo procedemento aberto, forma de adjucicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Concurso.

Simultaneamente, de conformidade so preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará, no suposto de que formulasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que sexan resoltas pola corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución da obra incluída no proxecto de pavimentación e servicios da rúa acceso ó mercado.

b) Lugar de execución: Paradela.

c) Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.960.000 ptas., IVE engadido.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación (259.200 ptas.).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Paradela, avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono: 982 54 11 01. Fax: 982 54 12 32.

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se presentará.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación a que se refire a cláusula 9.2 do prego.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusulas 9.3.

9. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 do prego.

10. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa Consistorial do Concello de Paradela ás doce horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

11.Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 21 de agosto de 2000.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente