Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes 421/2000 e cinco máis.

Obras.

Expediente 421/2000.

Obxecto: ampliación do edificio para enxeñería química. Fases II e III.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 799.995.203 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 15.999.904 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría e; grupo C, subgrupo 6, categoría d; grupo I, subgrupo 6; categoría d; grupo J, subgrupo 2, categoría c.

Expediente 422/2000.

Obxecto: rehabilitación da Casa Simeón.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 124.432.974 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 2.488.659 ptas.

Prazo de entrega: 15 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 1, categoría c; grupo C, subgrupo 4, categoría c.

Expediente 423/2000.

Obxecto: ampliación do edificio da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 367.199.885 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 7.343.998 ptas.

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría e; grupo C, subgrupo 6, categoría c; grupo J, subgrupo 2,

categoría c; grupo I, subgrupo 6, categoría c; grupo K, subgrupo 9, categoría c.

Subministracións.

Expediente 056/2000.

Obxecto: 12 equipos dentais. Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 14.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 280.000 ptas.

Prazo de entrega: 30 de setembro.

Expediente 059/2000.

Obxecto: mobiliario. Vicerrectorado de Actividades Culturais. Rectorado.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 160.000 ptas.

Prazo de entrega: 1 mes.

Expediente 060/2000.

Obxecto: material informático. Biblioteca universitaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 5.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías: provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación: a documentación para participar nos concursos poderá ser consultada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (galerías) Santiago de Compostela, teléfono (981 58 89 38) ou na copistería Unicopia Facultade de Veterinaria, pavillón de aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono: 982 25 23 03 extensión: 22475).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio biblioteca intercentros).

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 31-7-2000)

José Manuel Rivera Otero