Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada polo instructor no expediente sancionador S-6/2000.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada no expediente sancionador que se indica e que

se segue nesta delegación provincial á presunta infractora que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por caducada).

A interesada non formulou escrito de alegacións, polo que non se desvirtúa o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

A expedientada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que coide pertinente en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.

P.A.

Mª Araceli Soutelo Ferro

Instructora

ANEXO

Expediente: S-6/2000.

1. Denunciada: Rocío Fernández Álvarez, DNI: 33.344.030.

2. Último domicilio coñecido: r/ Río Narla, nº 50, 2º, Lugo.

3. Feitos imputados: o día 26 de xaneiro de 2000, cando unha patrulla da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Lugo se atopaba prestando servicio de control das condicións sanitarias de producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura en Teixeiro (Lugo), procederon a identifica-lo vehículo turismo con matrícula LU-6479-W, conducido por Rocío Fernández Álvarez, que levaba diversos tipos de peixe e que non levaba guía-factura nin o carné de manipulador de alimentos.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º.d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 3.1º.7 do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do Decreto 419/1993, do 17 de decembro da Xunta de Galicia, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco e artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

5. Calificación das infraccións: leve.

6. Sanción proposta: 20.000 ptas.