Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de xullo de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo situado na enseada de Ladrido, lugar coñecido por Pozo do Pilón (concello de Ortigueira), a prol da sociedade Pescados Muíños, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para os efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou accede-lo solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: ameixa fina (Ruditapes decussatus) e ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum).

Localización: enseada de Ladrido, lugar coñecido por Pozo do Pilón, concello de Ortigueira.

Data da concesión: 30-4-1973 (BOE nº 123).

Data de finalización da última prórroga: 23-5-2003.

Anterior concesionario: Jesús Manuel Bouza Fustes (DNI: 76.375.385-K) e María Remedios Teijeiro Otero (DNI: 76.392.734-M).

Novo titular da concesión e parque de cultivo: Pescados Muíños, S.L. (CIF: B-15.240.591).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xursidcción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña