Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se declara de utilidade pública, en concreto, a subestación Vilalba II e a súa interconexión coa liña a 132 kV, Vilalba-Mondoñedo. (Expediente 15/1999 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. con ende

rezo para efectos de notificación na r/ Cidade de Viveiro 4-1º, Lugo, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O día 12 de febreiro de 1999, a citada empresa solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da subestación Vilalba II e a súa interconexión coa liña a 132 kV Vilalba-Mondoñedo.

Presentan coa dita solicitude o preceptivo proxecto ó que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Características técnicas da subestación Vilalba II:

-Dúas posicións de liña de 132 kV para entrada e saída Mondoñedo-Vilalba, equipadas con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores e elementos de protección, medida e telecontrol.

-Unha posición de liña de 132 kV para entrada de liña de parques eólicos promovidos por Desarrollos Eólicos, S.A. equipada con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores e elementos de protección, medida, tarifación e telecontrol.

-Edificio da subestación, pórtico e embarrado correspondente a tres posicións, alimentación de servicios auxiliares en c.c. e c.a. e elementos de comunicación e transmisión remota de información.

Características técnicas da liña:

-Liña en dobre circuíto con orixe na subestación que se vai construír Vilalba II e enlace no apoio nº 142 da liña existente Vilalba-Mondoñedo.

-Tensión nominal: 132 kV.

-Nº de circuítos: 2.

-Lonxitude: 1,32 km.

-Potencia nominal prevista: 71 MVA.

-Conductores: tipo aluminio-aceiro LA 110 de sección 116,2 mm e 4.400 kg de carga de rotura.

Segundo.-O 24 de marzo de 1999 a empresa peticionaria presentou solicitude para que se deixase sen efectos, en canto á súa tramitación administrativa, a solicitude de declaración de utilidade pública, continuando o procedemento para a autorización administrativa da dita instalación eléctrica.

Terceiro.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 21-4-1999, publicándose no DOG do 3 de maio e no BOP de Lugo de 19 de abril.

Cuarto.-O 8 de novembro de 1999 a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizar administrativamente e aproba-lo proxecto de execución da citada instalación, publicándose no BOP de Lugo do 22-2-2000 e no DOG do 24-2-2000.

Quinto.-O 9 de febreiro de 2000 a empresa promotora presenta nova solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto.

Sexto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 22 de marzo de 2000, publicada no DOG do 27 de abril, BOP de Lugo do 25 de abril, e El Progreso do 5 de abril, no taboleiro de anuncios do concello de Vilalba, e na Delegación Provincial de Lugo; así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Sétimo.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, non se formularon alegacións á utilidade pública.

Oitavo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto en Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, da subestación Vilalba II e a súa interconexión coa liña a 132 kV Vilalba-Mondoñedo, no termo municipal de Vilalba (Lugo), o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria