Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da central hidroeléctrica de Cadós, no río Cadós, termo municipal de Bande, provincia de Ourense. (Expediente IN408A 99/1-3 A.T.).

Visto o escrito presentado por Cadós 99, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Sáenz Díez, 43. Entplo. 32003 Ourense, solicitando autorización administrativa, aprobación do proxecto das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Cadós, situada no río Cadós, concello de

Bande, provincia de Ourense resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 11 de decembro de 1992, a Confederación Hidrográfica del Norte resolveu outorgar a favor de Jesús Manuel Núñez Álvarez unha concesión para aproveitar 2.700 l/s de auga do río Cadós, no termo municipal de Bande (Ourense), con destino á producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-O 29 de xullo de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou aproba-la declaración de efectos ambientais correspondente ó proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Cadós.

Terceiro.-Con data do 23 de xaneiro de 1998, a Confederación Hidrográfica del Norte autorizou a transferencia, a favor de Cadós 99, S.A., do aproveitamento hidroeléctrico de 2.700 l/s de auga para derivar do río Cadós, no termo municipal de Bande (Ourense), con destino á producción de enerxía eléctrica.

Cuarto.-Con data do 19 de febreiro de 1998, a Confederación Hidrográfica del Norte autorizou as obras de aproveitamento e modifícanse certas características da concesión outorgada, mantendo o caudal outorgado.

Quinto.-Con data do 26 de febreiro de 1998, esta dirección xeral resolveu incluí-la central hidroeléctrica de Cadós no río Cadóas, termo municipal de Bande, Ourense, no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, entendéndose incluída esta instalación no réxime establecido polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, nos termos que dispón o número 3 do artigo 2 do dito texto normativo.

Sexto.-Con data do 18 de xaneiro de 1999, a empresa Cadós 99, S.A. solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Cadós no río Cadós.

Sétimo.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Cadós, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Alfredo Más Torres ten las seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 2.700 l/s.

-Salto aproveitado: 65,674 m (entre cotas 624 e 553,639 m.s.n.m.).

-Turbina: 1 tipo Francis de eixo horizontal.

-Potencia instalada: 1.440 kW.

-Un xerador síncrono de potencia nominal 2.300 kVA e tensión de xeración 6.000 V.

-Trafo de potencia: 2.500 KVA e r.t. 6/20 kV.

-Instalacións de mando, control, protección e medida.

Oitavo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1998, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-las instalacións dos equipos electromecánicos da Central hidroeléctrica de Cadós no río Cadós, concello de Bande, provincia de Ourense.

Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria