Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.508

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (150/2000-3).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 150/2000-3, notifícaselle a Juan Jesús Couselo Cortes o auto de caducidade dictado neles, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

A Coruña, 5 de xullo de 2000.

Antecedentes de feito.

1. Foron promovidas estas actuacións, por demais constitutivas de autos número 150/2000-3, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital, por Juan Jesús Couselo Cortes, como parte recorrente contra aquela precedente Resolución con data do 23 de marzo de 2000, dictada polo Ministerio do Interior, e que agora consta desde logo referenciada en autos.

2. En calquera caso, a referida parte recorrente omitiu realizar ó promove-las presentes actuacións a correspondente comparecencia, de forma que se dictou aquel precedente provido que agora consta nelas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo para emendas por termo de dez (10) días, para o efecto legalmente establecido e baixo expresa advertencia, en caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido aquel, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido, sen que desde logo fose emendada por aquela parte promovente a omisión antes referida.

Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselle-la presente resolución ás correspondentes partes consitituídas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, perante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado do que, como titular da súa secretaría, dou fe.

E para que lle sirva de notificación ó recorrente Juan Jesús Couselo Cortes, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 5 de xullo de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario