Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de xullo de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Pequeño Román, Benedicta e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de xullo de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Pequeño Román Benedicta

DNI: 35.190.354-D

Lg. Calvar-Domaio, 64

Moaña

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. T-12400/1998

Liq. 600802575069

Gil Pérez Alberto

DNI: 52.490.165-W

R/ Almansa, 34-1º C

Moaña

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. T-8643/98

Liq. 600802476303

Villarube, S.L.

NIF: B-36191757

Lg. Estacas-F.de Montes

Fornelos

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. T-308/1999

Liq.600802492984

Mouriño Esperón Juan José

DNI: 35.412.382-H

R/ Alcalde José del Río, 4

Marín

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. V-10816/1999

Liq. 00620900027290

Pampillón Olmedo Juan Antonio

DNI: 05.215.027-F

Av/ Xeneralísimo, 70-2º C

Sanxenxo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. V-12733/1999

Liq. 00620900027064