Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.507

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (116/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuña de que nos autos de xuízo verbal de faltas que baixo o nº 116/1999 se seguen neste xulgado, por circular sen seguro obrigatorio, recaeu sentencia co seu encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, o trinta e un de marzo de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 116/1999, seguidos neste xulgado sobre conducción sen seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciado José García Rivera,

Decido que debo condenar e condeno a José García Rivera, como autor dunha falta contra a orde pública de conducción dun vehículo de motor carecendo do seguro obrigatorio, á pena de multa de dous meses, fixando o importe da cota diaria de pena de multa na contía de setecentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de pri

vación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, perante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó condenado José García Rivera, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezasete de xullo de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado