Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.507

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (42/2000-3).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia da data 6 de xullo de 2000, dictada no expediente de dominio número 42/2000-3 que se segue neste xulgado por instancia de Ibercelta, S.L. e Luis Lugo Otero, actuando este en nome propio e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Pilar Vidán Martínez, para constar no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, a reiniciación do tracto sucesivo do seguinte predio:

«Casa situada na rúa das Hortas desta cidade de Santiago de Compostela, sinalada co número 47, composta de baixo, primeiro piso e bufarda, que ocupa a superficie de seiscentos pés cadrados, con inclusión do espesor das súas fachadas dianteira e traseira, e a metade das súas medianeiras, equivalente a corenta e catro metros cadrados. Polas

súas costas, ten un patio que antes foi horta de catro cuartillos, ou sexa, oitenta e oito centiáreas. Forma todo un só predio que linda: fronte-norte, a dita rúa das Hortas; dereita, entrando oeste, casa número 49 de Francisco Louzao; esquerda-leste, casa número 45; costas-sur, horta de José Pose. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela no tomo 39, libro 18, folio 136, predio 977, inscrición 7ª, a nome de Concepción Morales Devesa, con data do 22 de marzo de 1950».

Polo presente edicto cítanse as persoas descoñecidas e incertas que puideran estar interesadas na herdanza da titular rexistral e persoa da que procede o predio, Concepción Morales Devesa e a todas aquelas persoas ignoradas, ás que puidese prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto no seu dereito conveña, segundo a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra 3ª da Lei hipotecaria e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise público para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil.

A secretaria

Rubricado