Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se resolve provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 2000-2001 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

A Orde do 23 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño) establece o procedemento para a concesión de axudas económicas para o curso 2000-2001 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Vistos os informes emitidos polas correspondentes comisións provinciais e tendo en conta o punto décimo primeiro da referida Orde do 23 de xuño de 2000, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 2000-2001, concedendo as que se indican no anexo da presente resolución.

Segundo.-Os titulares dos centros que figuran no anexo desta resolución remitirán ó Servicio de Inspección da delegación provincial correspondente, entre o 15 e o 30 de setembro de 2000, certificación do número de alumnos definitivamente escolarizados en cada unha das unidades subvencionadas. O Servicio de Inspección, feitas as oportunas comprobacións, remitirá, antes do 10 de outubro de 2000 e xunto co seu informe, á Dirección de Centros e Inspección Educativa a devandita certificación.

Os anteditos centros deberán acreditar, ante a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, antes do 1 de novembro de 2000 que se atopan ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

Terceiro.-Á vista das certificacións e dos informes sinalados no punto anterior, esta dirección xeral formularalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución definitiva que, unha vez aprobada, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa