Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000 pola que se anuncia a xestión dos servicios de regulación e aparcamento de vehículos na vía pública e retirada e depósito de vehículos de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: é obxecto do presente contrato a concesión administrativa para a xestión conxunta dos servicios de ordenación, regulación e aparcamento de vehículos na vía pública (en adiante ORA) e a retirada e depósito de vehículos no municipio de Santiago de Compostela.

Duración: a concesión terá unha duración de 8 anos prorrogables por mutuo acordo por un período máximo de 4 anos, contados desde a data de formalización do contrato.

Canon: os licitadores fixarán nas súas propostas o canon pola xestión da ORA que aboarán ó concello, que será como mínimo do 5% dos ingresos brutos obtidos neste período.

Tarifas: son as sinaladas no anexo II do prego de cláusulas administrativas.

Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso por procedemento aberto.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 26 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da data da última das publcacións que corrresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantías.

Provisional: 2.000.000 de ptas.

Definitiva: 15.000.000 de ptas.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/Doña..... con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e domicilio en.....) participa no concurso por procedemento aberto para a adxudicación da xestión dos

servicios de regulación e aparcamento de vehículos na vía pública e retirada e depósito de vehículos de Santiago de Compostela, e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de:

Canon:.....

Tarifas:.....

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta documentación esixida no prego de condicións.

En ..... o..... de..... de 2000

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultáneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no Rexistro Xeral do Concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde