Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Nogueira de Ramuín aprobou o día 23 de agosto do 2000 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de construcción da rede de sumidoiros da Carballeda 22/POL/2000.

Anúnciase o concurso, se ben se aprazará, cando resulte necesario, de se presentares reclamacións.

Prezo: 16.780.000 ptas.

Garantías: provisional: 335.600 ptas.

Definitiva: 671.200 ptas.

Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP, DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do Concello, de luns a venres.

Apertura de ofertas: o primeiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de plicas en sesión pública na casa do concello, ás doce horas. De ser sábado, pasaría ó seguinte día hábil.

Nogueira de Ramuín, 23 de agosto de 2000.

José Eugenio Galindo González

Alcalde