Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación do proxecto de compensación da unidade de actuación con fronte á rúa dos Cabalos (Vite de Arriba).

A Comisión de Goberno, na sesión do 10 de xullo de 2000, aprobou o proxecto de compensación da unidade de actuación con fronte á rúa dos Cabalos (Vite de Arriba), promovido por Construccciones y Promociones Mogar Forte, S.L.

Contra o acordo de aprobación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de compostela, 22 de agosto de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde