Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Conejos Gallegos, Cogal, S.C.L., no concello de Rodeiro (Pontevedra) e se aproba o seu proxecto de execución. (Expediente 382/1998 A.T.).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Conejos Gallegos, Cogal, S.C.L., con enderezo para efectos de notificacións no lugar de

Álceme,-Rodeiro (Pontevedra), resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 15 de decembro de 1998, esta dirección xeral resolveu incluír á planta de coxeración de 670 kW eléctricos da empresa Conejos Gallegos, Cogal, S.C.L., no concello de Rodeiro (Pontevedra), no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, entendéndose

incluída esta no réxime establecido polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, nos termos que dispón o número 3 do artigo 2 do dito texto normativo.

Segundo.-Con data do 23 de decembro de 1999, a referida empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do seu proxecto de execución da citada planta de coxeración. As características básicas serán as seguintes:

-Un motor Caterpillar alimentado por gasóleo, cunha potencia de 712 kWm e 1.500 r.p.m.

Un centro de transformación composto por un transformador de 1.000 kVA e outro auxiliar de 100 kVA de relación de transformación 380/20.000 V.

-Unha caldeira de recuperación de gases de escape, así como o resto de instalacións complementarias de aproveitamento de calores residuais para a xeración de auga quente requirida.

-Instalacións de alimentación de combustible, baixa tensión, regulación, mando, control e interconexión.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 27 de abril de 2000 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no BOP de Pontevedra do 22-5-2000 e no DOG do 30-5-2000, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Cuarto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polos artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, de aplicación o

presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Conejos Gallegos, Cogal, S.C.L., que se situará nas súas instalacións da factoría que a empresa ten no termo municipal de Rodeiro, na provincia de Pontevedra, e aproba-lo seu proxecto de execución.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria