Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de xullo de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992. (Expediente 1/2000).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO apro

bado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédeselle un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este servicio provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que lle conste e sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 21 de xullo de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 1/2000 (ocupación sen título).

Expedientado: Hipólita Prada Méndez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. Castelao, bloque 36, P-10, 2ºD, polígono de Caranza (Ferrol).

Expediente C-103-CD/67, conta 32.