Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

CIRCULAR número 2. Tempada 2000/20001. Modificacións estatutarias.

Para xeral coñecemento de tódolos nosos afiliados, participámoslles que a Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol, na súa reunión celebrada o 15 dos correntes, e en virtude do recollido na disposición adicional dos estatutos e réxime disciplinario desta territorial, e vistas as resolucións dictadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, relativas á especialidade deportiva do fútbol-sala nacional, co obxecto de que os clubs desa categoría poidan participar nestas competicións, así como en relación á imposición de multas impostas ás asociacións ou clubs deportivos, con carácter delegado modifica estes estatutos, nos seguintes termos e que a continuación se reproducen:

Artigo 3º (novo punto 2).

A Federación Galega de Fútbol, integrada polo seu carácter de ámbito autonómico, na Real Federación Española de Fútbol, para o efecto previsto no artigo 9 dos estatutos desta última, de que os seus membros poidan participar en competicións oficiais de ámbito estatal ou internacional, exercerá no fútbol-sala, como funcións propias, as de ordenar e dirixi-las competicións daquela especialidade ás que se refire ese artigo, en todos e cada un dos aspectos necesarios para o seu bo fin, e en concordancia cos criterios establecidos pola RFEF, con carácter voluntario no ámbito estatal.

Artigo 90.2º.

Tratándose de futbolistas, técnicos, auxiliares ou de calquera outra persoa física, non se poderán impoñer multas ou sancións económicas derivadas de infraccións disciplinarias de conformidade cos presentes estatutos, sen prexuízo das multas accesorias que se lle poidan impor ó club, tal e como dispón o artigo 96 deste regulamento de réxime disciplinario.

A coruña, 17 de xullo de 2000.

Secretario xeral

Rubricado