Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 13 de xullo de 2000, da Dependencia de Recadación de Huesca, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, Lei xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.un da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante legal por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio cítase os suxeitos pasivos ou representantes que se relacionan no anexo adxunto para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación desta resolución no BOP, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).

Así mesmo, advírteselles ós interesados que de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida, para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Huesca, 13 de xullo de 2000

Carlota Mur Aguado

Xefa da Dependencia de Recadación de Huesca

ANEXO I

Lugar de comparecencia

22600-Dependencia de Recadación. Praza Navarra, 11. 22002 Huesca.

22218-Administración de Monzón. Avda. Lérida, 11. 22400 Monzón.

22732-Unidade de actas. Praza Navarra, 11. Huesca.

22712-Unidade Provincial de Recadación. Praza Navarra, 11. Huesca.

22752-Unidade outras delegaciones. Praza Navarra, 11. 22002 Huesca.

22782-Unidade débedas menor contía. Praza Navarra, 11. 22002 Huesca.

Datos do contribuínte: A22029060 Avícola del Carmen, S.A.

Expedientes/xustific.: sanción exp. 1998/OU 2068.

Procedemento: C1100000320007974.

Dependencia: 22218.