Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de contratación, por concurso urxente por procedemento aberto, do servicio de limpeza de edificios municipais.

Obxecto: servicio de limpeza de edificios municipais.

Importe: os importes dos servicios sinálanse no anexo adxunto, IVE incluído.

Prazo de execución: consta no prego de cláusulas administrativas particulares (artigo 2.2º).

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfono: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas: prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 10 de agosto de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde

ANEXO

Obxecto de cada contratoOrzamento anual

IVE incluído (ptas.)

* Contrato I
Grupo escolar Fernández López3.039.660
Grupo escolar Ribeira 2. Torneiros, zona ampliada e pavillón polideportivo do colexio3.972.660
Grupo escolar Antonio Palacios. Torneiros1.600.032
Escolas unitarias de Atios - Covelo (2)
Escolas unitarias de Budiño - O Casal (2)
Escolas unitarias de Budiño - A Cruz (2)959.988
Escolas unitarias de Chenlo (2)
Escolas unitarias de Mosende (2)
Escolas unitarias de Pontellas (2)959.988
Escolas unitarias en Torneiros (1)
Escolas unitarias en Carracido (1)507.696
Grupo escolar de Budiño - A Cruz2.234.964
Grupo escolar de Atios - Covelo2.802.564

* Contrato II
Casa do Concello e mercado1.745.400
Centro Cultural e Museo de Minerais1.670.916
Oficina técnica municipal720.000
Edificio multiusos de Torneiros875.568
Pavillón polideportivo 1 O Porriño2.522.328
Pavillón polideportivo 2 O Porriño1.815.528