Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-379).

Por resolución desta alcaldía 3960/2000 do 8 de agosto de 2000, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle do cuarteirón M-9, do polígono I do Plan parcial As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns, tramitado pola Xunta de Compensación polígono I do P.P. As Galeras.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos día laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 21 de agosto de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta